A nosa industria naval galega afronta os momentos máis difíciles da súa historia, como primeira potencia nacional na construción de buques, de todos os tipos como foron os multipropósito, Offshore Remolcadores Sísmicos Oceanográficos Ferris e Pesqueiros.
Nestes tempos de crise é bo o recordar que os estaleiros de Vigo e a súa bisbarra esta aínda latente e en activo, é certo que algúns estaleiros están tocados, pero a forza e a ganas de saír desta crise faralles mais competitivos estou moi seguro e teño plena confianza en que rexurdiremos con mais forza se cabe, estamos tocados pero aínda vivos, algúns queren que sexamos un país de servizos sen tecnoloxías sen industria, sen nada só froitas verduras sol e praias e forzar novamente á nosa xuventude que por certo están moito mellor preparados que os de antano, pois saen miles de licenciados en moitas especialidades que se non lles damos a posibilidade de traballar na nosa terra lles estaremos a obrigar a un éxodo ou emigración forzosa como o fixeron os nosos avós e os nosos pais e eu mesmo.
Por todo iso sempre estarei a subir fotos de buques facendo videos subíndoos aos meus blogs e a outros sitios onde vexa que sexa de interese para dar a coñecer a nosa potencial industria naval, e estes son algúns dos buques que se construíron nos estaleiros da Ría de Vigo entre os anos 1009/10/11/
Son buques Ferris, Remolcadores, Multipropósito, Pesqueiros, Oceanográficos, Sísmicos, Químicos, Petroleiros, Remolcadores de pulo
No hay comentarios:
Publicar un comentario